Asaltan a casa de Iago Aspas en Moaña
12 de octubre de 2019 (15:48 h.)
Ningún membro da familia se atopaba na vivenda cando entraron os ladróns
Iago Aspas e a súa familia son as novas vítimas da onda de roubos que sofren futbolistas de elite en España. Os amigos do alleo entraron na súa casa de Moaña este venres pola tarde e levaron xoias de gran valor.
Ningún dos membros da familia –nin o dianteiro do Celta, nin a súa muller Jenni Rueda nin os fillos da parella– estaba na vivenda cando entraron os asaltantes.
Hai uns meses outro xogador celeste, Emre Mor (hoxe cedido ao Galatasaray), foi vítima dun asalto na súa vivenda, tamén situada en Moaña.