Carvajal sofre unha pequena rotura no isquio, pero podería chegar ao Mundial

O defensa do Real Madrid, Dani Carvajal, retírase lesionado durante a final da liga de Campións. NYKOLA TYS

O lateral dereito do Real Madrid retirouse entre bágoas na primeira parte da final da Champions 

Dani Carvajal, lateral dereito do Real Madrid que se lesionou durante a final da liga de Campións ante o Liverpool, sofre unha pequena rotura no isquio dereito, o que o terá de baixa uns quince días, polo que podería chegar ao Mundial, aínda que isto depende da decisión final de Julen Lopetegui, seleccionador nacional.

Carvajal tívose que retirar durante a primeira parte da final da Champions ao intentar dar un taconazo. O defensa de Leganés abandonou o campo polo seu propio pé entre bágoas.

Non participou o domingo nos actos institucionais de celebración co resto do persoal na catedral da Almudena, a Comunidade de Madrid, o Concello nin en Cibeles. Incorporouse á festa no Santiago Bernabéu.

Carvajal xa se perdeu a Eurocopa de Francia 2016 logo de lesionarse durante a final da liga de Campións dese ano

Este luns foi sometido as probas pertinentes, que confirmaron que padece unha rotura dun centímetro e en principio debería estar de baixa entre quince ou vinte días. Lopetegui e o corpo médico da selección deben analizar as probas, estudar o caso e decidir se mantén a Carvajal na concentración, que arrincará na Cidade do Fútbol de Las Rozas na tarde deste mesmo luns.

Carvajal xa se perdeu a Eurocopa de Francia 2016 logo de lesionarse durante a final da liga de Campións dese ano. Entón sufriu unha lesión de Grao 2 no iliopsoas dereito e foi substituído por Héctor Bellerín.

España comezará a traballar na tarde deste luns cun adestramento aberto ao público e disputará o seu primeiro partido amigable desta fase preparatoria o sábado no estadio da Cerámica de Vilarreal ante Suíza. O 9 de xuño, xa en Krasnodar, xogará o segundo e último amigable ante Tunisia e comezará a súa participación mundialista o venres 15 de xuño contra Portugal en Sochi. Logo enfrontarase a Irán en Kazan o 20 e a Marrocos o 25 en Kaliningrado.