Casillas faise eco dun viral da TVG: a confusión dunha reporteira en Riazor

La entrevista viral. TVG

A xornalista entrevistou nas inmediacións de Riazor a un turista pensando que levaba unha camiseta do Deportivo, pero era do Porto

O último vídeo viral da TVG chegou ata o mismísmo Iker Casillas. O porteiro do Oporto compartiu a peza na que unha reporteira da Televisión de Galicia aborda a un turista estranxeiro nas inmediacións de Riazor pensando que levaba unha camiseta do Deportivo... pero en realidade esta era do Oporto. A conversación (ou o intento) entre xornalista e turista non ten desperdicio.