O Deportivo ficha ao dianteiro Carlos Fernández

Carlos Fernández Luna. TWITTER

O xogador, de 22 anos, chega cedido do Sevilla

O RC Deportivo confirmou este xoves a fichaxe do dianteiro do Sevilla Carlos Fernández, que chega cedido ao conxunto branquiazul.

O equipo coruñés explica na súa web que Fernández, de 22 anos, defenderá as súas cores na tempada 2018/19. O anuncio da súa fichaxe produciuse horas despois de que superase as probas médicas no hospital HM Modelo da Coruña.

O futbolista sevillano acumula corenta partidos entre Primeira División, Segunda e a Copa do Rei e máis de 60 en Segunda B, e anotou 35 dianas en 115 partidos.

Este venres será presentado ás 10.00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo antes de sumarse ao traballo cos seus novos compañeiros de equipo.