"A diferenza de diñeiro nos premios débese ao número de equipos inscritos"

Premios do torneo de Bueu. FACEBOOK (CULTURAL DEPORTIVA BELUSO)

Polémica en Bueu por un torneo no que os premios eran diferentes para a categoría masculina e feminina ► O Colectivo Feminista Pontevedra criticou a situación

Os torneos de fútbol 7 tras acabar a tempada son unha tradición. A Cultural Deportiva Beluso, de Bueu, celebra este 21, 22 e 23 de xuño o seu novena edición. Unha competición que ata a data desenvolveuse sen problemas pero que nos últimos días saltou ao centro da polémica.

O motivo: a diferenza económica entre os premios para a categoría masculina (500€ para o primeiro clasificado) e feminina (250€ para as campioas do torneo).

O presidente da asociación Antonio Castro, 'Toñín', explicou en declaracións a este medio que esta situación se debe unicamente "á cantidade de equipos inscritos" dunha categoría e outra. Engade que se lle está dando demasiado bombo ao asunto". 

Desde o Colectivo Feminista Pontevedra criticaron no seu Facebook que se es un equipo formado por HOMES e quedas non primeiro posto, gañas 500 euros. Ser un equipo de MULLERES, e quedades de primeiras gañades 250 euros. Ou sexa, ser muller mereces a metade do que lle dan a un home por facer exactamente ou mesmo. Para inscribirte ser home pagas 150 euros; ser muller, 120 euros (Nada proporcional dado que sendo muller gañarías a metade, e sendo coherentes a inscrición feminina tería que ser en todo caso a metade tamén)".