Un equipo inglés loce as cores da Segunda República española no seu segundo equipamento

A camiseta do Clapton. CLAPTON CFC

O Clapton xoga en categoría rexional e quixo render homenaxe aos brigadistas que participaron na Guerra Civil

Un conxunto de fútbol de East London, o Clapton, que xoga nunha categoría rexional, homenaxeou aos brigadistas internacionais que participaron na Guerra Civil.

Con este motivo decidiron que o seu segundo equipamento luza coas cores da Segunda República española, ademais de portar a lema de "Non Pasarán", propio dos brigadistas.