O Espanyol paga ao Celta a cláusula de rescisión de Borja Iglesias
04 de julio de 2018 (22:20 h.)
O goleador santiagués tivo unha destacada actuación en Segunda División co Zaragoza
O ariete santiagués Borja Iglesias será xogador do Espanyol de Barcelona a próxima tempada ao decidir o club catalán pagar os dez millóns da cláusula de rescisión ao Real Celta de Vigo.
Borja Igrlesias, que o ano pasado tivo unha destacada actuación co Real Zaragoza na Segunda División, categoría na que foi un dos máximos artilleiros, asinará por catro anos cos pericos.