jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Galicia recupera a súa volta ciclista profesional para 2022

Edición anterior de la Volta a Galicia. ARCHIVO
Edición anterior de la Volta a Galicia. ARCHIVO
O Gran Camiño celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro e entra no calendario da Uci con categoría 2.1

Galicia recuperará en 2022 unha volta ciclista profesional, por etapas, O Gran Camiño, que foi incluído no calendario da Unión Ciclista Internacional (Uci) e celebrarase en febreiro. 

Entre os días 24 e 27 de febreiro de 2022, Galicia acollerá esta nova proba con equipos Uci prol Tour. 

Ademais, o organismo internacional outórgalle directamente a categoría 2.1, "difícil de alcanzar nunha estrea", segundo apuntan os organizadores A idea partiu como recuperación, tras dúas décadas, da antiga Volta a Galicia Profesional (hoxe día na Categoría Élite e Sub 23), que chegou a ter vencedores ilustres como Miguel Indurain, Abraham Olano ou Mariño Lejarreta. 

A nova proba ten nome e concepto renovados e un dobre obxectivo: deporte e promoción turística do territorio galego. 

Serán catro etapas que, como reza o nome da proba, levarán aos profesionais do ciclismo como peregrinos polas estradas de toda a Comunidade.

Galicia recupera a súa volta ciclista profesional para 2022
comentarios