O HC Raxoi proclámase en Santiago campión galego infantil de hockey sobre patíns

O HC Raxoi proclámase en Santiago campión galego infantil de hockey sobre patíns. EP

Clasifícase ademais para o sector norte, no que estará en xogo o pase ao campionato de España

O Hockey Club Raxoi fíxose coa vitoria no campionato galego infantil de hockey sobre patíns, disputado en Santiago, tras superar na final ao outro club da cidade, o Compostela (3-1). Con esta vitoria o Hockey Club Raxoi clasifícase para o sector norte, no que estará en xogo o pase ao campionato de España.