Lopetegui anuncia unha lista chea de novidades
Marcos Alonso, Parejo e Rodri, caras novas para unha selección española da que cae Morata
O regreso nove meses despois do dianteiro do Atlético de Madrid Diego Costa e a chamada por primeira vez de Marcos Alonso, Dani Parejo e Rodri, son as principais novidades na convocatoria do seleccionador nacional, Julen Lopetegui, para os amigables contra Alemaña e Arxentina.
A primeira lista do 2018 e a última antes da definitiva de Lopetegui para o Mundial de Rusia, conta coa baixa por problemas físicos de Sergio Busquets para disputar dous amigables de enxunlla ante potentes seleccións como Alemaña, en Düsseldorf o 23 de marzo, e Arxentina, no Wanda Metropolitano o 27 do mesmo mes.
Son novidades respecto da última convocatoria de novembro de 2017, a volta de Dani Carvajal, César Azpilicueta, Koke Resurrección, Lucas Vázquez e Diego Costa, máis a primeira citación de Marcos Alonso, Dani Parejo e Rodri Hernández-Cascante.
Os 24 citados por Lopetegui