María Gómez, reporteira de Mediaset para o Mundial de Rusia, é acosada en directo
30 de junio de 2018 (22:43 h.)
A xornalista xa denunciara o mércores as condicións machistas nas que están a traballar ela e as súas compañeiras durante esta competición
María Gómez, reporteira de Mediaset para o Mundial de Rusia, mostrou no seu Twitter un novo episodio de acoso sufrido ante a cámara. Mentres a xornalista española gravaba a previa do partido do combinado nacional desde Moscova, un home achégaselle e dálle un bico.
Gómez xa denunciara o mércores a situación de acoso que están a vivir as xornalistas durante esta competición, con continuos casos de machismo mentres intentan realizar o seu traballo.