Martín Fiz, atropelado en Vitoria cando adestraba
21 de septiembre de 2018 (14:19 h.)
O mítico atleta ten catro costelas rotas
Martín Fiz, campión de Europa e do mundo de maratón nos noventa, foi atropelado este xoves mentres adestraba en Vitoria.
O atleta, de 55 anos, ten catro costelas rotas aínda que está fóra de perigo, segundo informa El Correo. Fiz adestraba cun grupo. Varios dos corredores cruzaron un paso de peóns pero un condutor, que pensou que xa pasaran todos, arrincou sen ver a Fiz e golpeouno co retrovisor.