Mayweather e Pacquiao volveranse a enfrontar na 'Pelexa do Século'

Un momento da pelexa entre Mayweather e Pacquiao. ARQUIVO

O estadounidense decidiu saír do retiro aos seus 41 anos para pelexar fronte ao filipino, un dos poucos boxeadores que lle fixeron fronte

Tres anos logo do seu primeiro enfrontamento, Floyd Mayweather e Mannny Pacquiao volveranse a enfrontar na coñecida como a 'Pelexa do Século'.

Mayweather sae así do seu retiro aos 41 anos, unha fase que só interrompera para combater contra Connor McGregor (MMA) en agosto de 2017. O campión invicto porá en xogo a súa marca de 50-0 fronte ao boxeador filipino, que pode presumir de que é dos poucos que foi capaz de plantarlle cara.

Pacquiao ostenta unha marca de 60 vitorias, sete derrotas e dous empates.

De momento só coñecemos sobre a pelexa unhas palabras de Mayweather: "Regresarei para enfrontarme a Manny Pacquiao este ano, outro salario de nove cifras está en camiño".