O Rostov lanza unha camiseta inspirada nunha alfombra para homenaxear aos seus afeccionados
22 de agosto de 2018 (15:26 h.)
O club recibe numerosos encargos para facerse coa exclusiva prenda
O FC Rostov deulle un novo xiro ao deseño de camisetas de fútbol co lanzamento do seu cuarto equipamento. O club ruso inspirouse nun grupo de afeccionados que acudiu ao partido que este domingo disputou o equipo en casa ante o Yenisey Krasnoyarsk (4-0) cunha alfombra sacada de casa.
O tecido, que xa se atopa exposto nas instalacións do Rostov, fíxose famoso nas redes sociais e o club decidiu aproveitar ese tirón para comercializar un equipamento baseado no mesmo estampado.
A camiseta pódese adquirir por uns 32 euros e o Rostov xa recibiu multitude de solicitudes para facerse con tan exclusiva peza ás poucas horas do seu anuncio.