Sancionan o Leeds con 226.000 euros polo caso de espionaxe de Bielsa

Marcelo Bielsa. LEEDS UNITED

A Liga de Fútbol Inglesa vai desenvolver unha nova lei pola que os equipos non poderán ver os adestramentos do seu rival 72 horas antes do partido

A Liga de Fútbol Inglesa (EFL, polas súas siglas en inglés) sancionou con 200.000 libras (226.000 euros) o Leeds United polo caso de espionaxe do adestrador arxentino Marcelo Bielsa. O técnico recoñeceu que mandou un empregado ao adestramento do seu rival esa semana, o Derby County, o pasado mes de xaneiro. Ademais, admitiu que é unha técnica que utilizou ao longo de toda a súa carreira e que espiou o resto de equipos da Championship (Segunda división inglesa).

A EFL atopou culpable ao club e acusouno de actuar de mala forma en contra da "boa fe" do resto. O organismo tamén vai desenvolver unha nova lei pola que os equipos non poderán ver os adestramentos do seu próximo rival 72 horas antes do partido, a non ser que estean invitados.

Bielsa convocou á prensa o pasado mes de xaneiro, tras o incidente, para aclarar a situación. Naquel encontro, o arxentino asegurou que non fixo nada "ilegal".

O Leeds é, nestes momentos, terceiro na Championship, a dous puntos do líder, o Norwich City.