Sara Carbonero versus Iago Aspas: "Son moi feliz no meu pobo"

Iago Aspas e Sara Carboeiro. CATRO

A xornalista entrevistou ao dianteiro do Celta

"Son moi feliz vivindo no meu pobo". Quen o di é Iago Aspas. E a interlocutora, Sara Carbonero. A xornalista visitou o pasado luns as instalacións da Madroa e este mércores resolveuse o misterio: era para entrevista a de Moaña, un dos dianteiros de moda do fútbol español. 

Este mércores foi emitida a entrevista dentro de Deportes Cuatro e nela Aspas falou da súa recente renovación co RC Celta: "Hoxe en día sería moito máis fácil irme a outro mercado cos números que estou a obter nas últimas tempadas. Pero bo, eu estiven fóra, gañei máis diñeiro que aquí na miña casa, non me corto os dedos por dicilo porque é o normal".

E é que o dianteiro celeste non dubida en mostrar que está "moi moi contento" no Celta: "Teño o suficiente, pagan bastante para o que fago e para o que gozo dentro do terreo de xogo e eu son moi feliz vivindo no meu pobo".