Suspenden en Irán a emisión do Augsburgo-Bayern porque arbitraba unha muller
19 de febrero de 2019 (11:59 h.)
A televisión estatal intentou primeiro, sen éxito, censurar as imaxes nas que se vía á colexiada Bibiana Steinhaus
A televisión iraniana IRIB suspendeu a emisión do Augsburgo-Bayern de Múnic, que se disputou esta fin de semana, porque o arbitraba unha muller. Aínda que nun principio a canle estatal intentou censurar as imaxes nas que saía a colexiada Bibiana Steinhaus, ao comprobar que non podía decidiu deter a retransmisión amparándose na lei islámica.
O partido acabou con vitoria do Bayern, que os espectadores iranianos non puideron ver.