A xenial resposta a unha pintada contra Lucas Pérez na Coruña
08 de febrero de 2018 (18:49 h.)
Un veciño, cansado, escribiu: "Lucas Pérez xa non vive aquí, parvo"
O mal momento que atravesa o Deportivo reflíctese también na indignación dos seus afeccionados. Un deles fixo unha pintada contra Lucas Pérez nun muro da cidade da Coruña, de onde é natural o ídolo branquiazul: "Lucas Pérez, vaite xa".
Isto non pasaría de a categoría de anécdota de non ser pola resposta que lle deu un veciño da zona, cansado, aparentemente, das pintadas contra o dianteiro coruñés: "Lucas xa non vive aquí, parvo". A imaxe difundiuna Germán Dobarro, xornalista da Cope.