"Se hai que pagar en man, pagarase"

Tino Saqués, durante la rueda de prensa el pasado día 12
Tino Saqués asegura que facerse coas accións dunha tacada non entraba nos seus plans pero a pesar diso seguirá adiante

Tino Saqués saíu este martes ao paso da información publicada por este xornal sobre a obrigación de sufragar en man e nun só pago os 1.600.500 euros que custará adquirir as 150.000 accións propiedade do Concello e a Deputación de Lugo, no caso de que lle sexan adxudicadas finalmente. En declaracións a Radio Lugo, o empresario lucense afirmou que "se hai que pagar en man así o teremos que facer".

"Acábome de decatar de que hai ese comunicado da Deputación. Entendemos que se tal e como están as bases hai que pagar en man, así o teremos que facer", afirmou Saqués na emisora lucense.