Abanca anuncia a compra do banco portugués EuroBic
10 de febrero de 2020 (13:08 h.)
Esta é a quinta operación corporativa da entidade desde 2014
Abanca anunciou este luns o acordo de compra do banco portugués EuroBic, unha adquisición que suporía a quinta operación corporativa da entidade financeira desde 2014 e a segunda no país veciño.
A operación, condicionada a unha auditoría pormenorizada, xa se comunicou en detalle e de forma inmediata ao Banco de Portugal.
A entidade con sede en Galicia acordou a compra do 95 % das accións de EuroBic.