Carlos Torres celebra o día dos valores de BBVA con empregados galegos

Carlos Torres y la directora de la Territorial Noroeste de BBVA, Marta Alonso, con trabajadores en Santiago. CEDIDA
O banco elevou preto dun 25% o novo crédito a familias en Galicia no primeiro semestre e un 15% a empresas

En BBVA hai un día dos valores corporativos no que os máis de 110.000 traballadores do grupo realizan talleres e dinámicas para interiorizarlos e vivilos. A sexta edición desta iniciativa celebrouse onte e o presidente da entidade, Carlos Torres Vila, compartiuna con empregados dunha das principais oficinas do banco en Santiago.

O directivo fixo fincapé nos valores que día a día inspiran o traballo das persoas que forman BBVA, con mención especial a aqueles que teñen un trato máis directo cos clientes e ao resto dos equipos, que traballan tamén para eles. "é un orgullo ver como o noso traballo diario contribúe a que as familias poidan realizar proxectos de vida e que o noso apoio faga realidade iniciativas empresariais que necesitan apoio financeiro para poder realizarse”, afirmou. O banco elevou preto dun 25% o crédito a fogares no primeiro semestre e concedeu un 15% máis a firmas. 

Torres Vila tamén puxo en valor o modelo de servizo da entidade, baseado en pór a disposición dos clientes diferentes canles, dispoñibles 24 horas os sete días da semana, e en ofrecer "un trato próximo e personalizado". En Galicia, sete de cada dez clientes de BBVA (exactamente o 69%) xa son dixitais. Deles, o 66% utiliza o móbil principalmente.

De face ao futuro, incidiu na importancia de seguir traballando para acompañar a familias, empresas e sociedade en xeral para que consigan os seus propósitos, contribuíndo ao progreso económico e o benestar social a través dunha aposta decidida por unha economía inclusiva, sostible e dixital.

PROPÓSITO. A cita anual do Values Day de BBVA persegue o obxectivo de achegar a transformación cultural e os valores da compañía a todo o persoal, xerando espazos de conversación sobre os mesmos. Durante esta xornada, os empregados son os creadores e protagonistas das diferentes accións que levan a cabo para identificar as oportunidades que ten o banco e aproveitalas.

Nesta sexta edición, o cadro de persoal do banco centrou as súas actividades en comprender os valores corporativos como o compás que guíe cara ao propósito de pór “ao alcance de todos as oportunidades desta nova era”.