As empresas biotecnológicas galegas apúntanse á nova tecnoloxía Blockchain

“Esta tecnoloxía pode xerar unha enorme vantaxe competitiva ao sector”, segundo os expertos de Agalbit que participaron en Santiago no Bioalmorzo sobre ‘Blockchain; casos de uso en biotech” organizado por Bioga e GAIN

Las empresas biotecnológicas gallegas se reunieron en Santiago. EP
photo_camera As empresas biotecnológicas galegas reuníronse en Santiago. EP

Unha trintena de empresas biotecnolóxicas galegas participaron este venres no edificio Emprendia da USC en Santiago de Compostela no Bioalmorzo sobre Blockchain; casos de uso en biotecnoloxía, organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). 

Trátase dunha tecnoloxía que permite "interconectar moito volume de datos e poder explotalos de diferentes xeitos e con diferentes modelos de negocio", asegura o asesor bussines de Agalbit Pablo López, quen engadiu que esta ferramenta "permite organizar e xestionar datos para conseguir uns obxectivos concretos segundo as necesidades dunha empresa". 

O vicepresidente da Asociación Galega de Blockchain e IOT (Agalbit), Antonino Comesaña, puntualizou que Blockchain permite "unha trazabilidade perfecta dun produto e a certificación dos datos que xera ese produto". 

Na presentación, Pablo López puxo un exemplo de como pode utilizar un investigador esta tecnoloxía: "un equipo de investigación biotech que traballe con información sensible pode utilizar Blockchain para manter a integridade deses datos sensibles de investigación". 

"Blockchain pode xerar unha enorme vantaxe competitiva ao sector biotecnológico de Galicia; só hai que coñecer as necesidades e saber se esta ferramenta tecnolóxica pode achegar solucións para mellorar a produtividade e a eficiencia das compañías biotech de Galicia", dixo Antonino Comesaña.

EXEMPLO COAS VACINAS 
Pablo López dixo que queren "coñecer os modelos de negocio das empresas biotech galegas para saber como pode axudarlles a aplicación de Blockchain nos seus diferentes procesos" e explica que pode a axudar, por exemplo, a unha empresa que fabrica vacinas a identificar "en cada momento onde está, se se administra de forma adecuada e que efectos ten nas persoas que se administra ou animais". 

Tamén asegura que podería axudar a establecer melloras e saber "cantas persoas están vacinadas, cantas vacinas hai dispoñibles, que vacúas están a piques de caducar ou canto se tardaría en pór no mercado un lote de vacinas". 

O experto, ao mesmo tempo, garante que este método "non ten erros de inventario" e permite, en tempo real, "tomar decisións" para mellorar a competitividade dunha determinada compañía.

Comentarios