Hijos de Rivera fulmina os 500 millóns en vendas e prevé investimentos por 300 millóns

Un camión de Estrela Galicia, fronte á factoría de Fillos de Rivera na Coruña. AEP

Os fundadores de Estrella Galicia pecharon 2018 cun beneficio de 66,3 millóns

Hijos de Rivera conqueriu dous "importantes fitos" en 2018 ao alcanzar unha facturación de 507,8 millóns de euros e derrubar a barreira dos 300 millóns de litros de cervexa producidos ao crecer un 11% en termos interanuais (308,8 millóns de litros).

Cun beneficio consolidado de 66,3 millóns, unha cifra que recolle un incremento do 21,6%, o conselleiro delegado, Ignacio Rivera, anunciou este luns en rolda de prensa na Coruña o inicio do novo plan estratéxico 2019/2021 con investimentos por 300 millóns “como mínimo”, para seguir crecendo en Galicia e impulsar a internacionalización coa idea de que os mercados exteriores dupliquen a súa achega ás vendas.

Á marxe do tirón do negocio da cervexa, tamén creceu o da auga, posto que a compañía, que controla os mananciais de Cabreiroá (Verín),  Fontarel (Andalucía) e Auga de Cuevas (Asturias), envasou un 8% máis, isto é, 184,9 millóns de litros.

Con. 1.087 traballadores, o 85% con contrato indefinido, a actividade do grupo supón o 1,3% do PIB galego ao achegar 2.155 millóns á economía española.