Sargadelos despide a 49 traballadores en Cervo e ameaza con pechar a planta

A empresa avisa que a fábrica terá que pechar se non cesa a "presión sindical" â??Dez das rescisións de contrato son de efecto inmediato

Fábrica de Sargadelos en Cervo. JOSÉ MARÍA ÁLVEZ
photo_camera Fábrica de Sargadelos en Cervo. JOSÉ MARÍA ÁLVEZ

O conselleiro delegado do grupo Sargadelos, Segismundo García, anunciou este venres o despedimento de 49 traballadores da fábrica de Cervo, dos cales 10 deles foron con efecto inmediato e o resto executarase nos próximos días.

A empresa xustifica esta decisión en base á "presión sindical”, xa que lle supuxo pagar máis dun millón de euros en demandas gañadas polos traballadores. O anuncio dos despedimentos realízase tras coñecerse outra denuncia dos sindicatos, esta vez referida a que se estaban realizando novas contratacións con salarios “inferiores ao do persoal sobrevivente do concurso de acredores no que aínda estamos inmersos”, sinalou García respecto ao ERE polo que pasou a empresa en 2010. O propio conselleiro delegado aclarou que xa advertiron á Inspección de Traballo desa “irregularidade”.

A continuidade da empresa está máis que no aire, a pesar de ter carga de traballo suficiente. "Sen estas sancións motivadas pola presión sindical, Sargadelos é rendible e ten carga de traballo", indicou García.

Tras os 49 despedimentos tan só quedarán na fábrica cervense uns 50 empregados, “insuficientes para poder sacar os encargos adiante. A fábrica terá que pechar, salvo que cesen estas presións”, sinalou.

Comentarios