Un sistema para almacenar enerxía fabricado en Vilalba por Norvento operará en Léon

A compañía lucense fornecerao para o Centro de Desenvolvemento de Tecnoloxías da Fundación Cidade da Enerxía
El sistema de almacenamiento de energía en baterías de Norvento prestará servicio en Cubillos del Sil. EP
photo_camera El sistema de almacenamiento de energía en baterías de Norvento prestará servicio en Cubillos del Sil. EP

Norvento Enerxía exportando a súa tecnoloxía en renovables fóra de Galicia. Nesta ocasión, fornecerá un sistema de almacenamento eléctrico en baterías para as instalacións do Centro de Desenvolvemento de Tecnoloxías en Cubillos del Sil, na provincia de León. 

Este proxecto forma parte dunha licitación que a Fundación Cidade da Enerxía (Ciuden) lanzou en outubro como parte dun extenso programa de I+D+i que ten como finalidade crear unha infraestrutura para a investigación e validación a escala industrial de proxectos de xeración de hidróxeno verde e almacenamento de enerxía. A previsión é que empece a nbsp;operar&antes de finais de 2025. 

A compañía que preside Pablo Fernández Castro achegará un sistema de almacenamento de enerxía cunha capacidade de 600 kilovoltiamperios (kVA) e 1.330 quilowatts hora (kWh) fabricado en Vilalba. A súa contribución abarca desde a enxeñería ata o mantemento durante o período de garantía, pasando pola subministración dos compoñentes, a obra civil e a posta en marcha definitiva.

Cara á descarbonización

A Fundación Cidade da Enerxía é unha entidade dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica que ten como obxectivo impulsar a transición enerxética cara á descarbonización, a través da investigación e innovación en tecnoloxías de almacenamento, xeración de hidróxeno verde e sistemas de captura e utilización sostible de CO2. 

Desde Norvento consideran que proxectos como este son fundamentais para avanzar cara a un modelo enerxético sostible e eficiente. O seu director de Operacións, Juan Morilla, sinala que o proxecto "non só representa un avance tecnolóxico, senón un paso cara a un mundo máis respectuoso co medio ambiente".


 

Comentarios