Dani Mateo: "Estamos levando un pallaso ante a Xustiza por facer o seu traballo"
O cómico négase a declarar ante o xuíz por soarse o nariz coa bandeira de España
O humorista Dani Mateo negouse a declarar este luns ante o xuíz por soarse o nariz coa bandeira de España nunha escena do programa El Intermedio de La Sexta.
Mateo apenas estivo cinco minutos ante o titular do Xulgado de Instrución número 47 de Madrid, que o citou como investigado por un delito de ofensas ou ultraxe a símbolos de España efectuado con publicidade e un delito de odio tras unha denuncia da organización Alternativa Sindical de Policía.
Mateo manifestou este luns que como cidadán español preocúpalle que se estea "levando a un pallaso ante a Xustiza por facer o seu traballo".
O humorista sinalou que durante todo este tempo "falouse moito sobre os límítes do humor" e "sobre se ofende ou non" o "sketch" no que, mentres lía o prospecto dun medicamento antigripal, estornudaba e soábase o nariz coa bandeira de España.
"Pero estabamos no terreo das opinións, agora entramos no terreo da Xustiza", explicou Mateo, para quen "o máis intelixente é calar e espera a que a Xustiza se pronuncie".
Agora ben mostrouse "preocupado" por que un humorista acabe declarando ante un xuíz por realizar unha escena de humor.
"Como cidadán deste país estou preocupado porque estamos a levar a un pallaso ante a Xustiza por facer o seu traballo e iso preocúpame pola imaxe do meu país e a miña bandeira", precisou.