Detido o tesoureiro de Convergència por presunto cobro de comisións

Agentes de la Guardia Civil detienen al tesorero de CDC, Andreu Viloca, por el presunto cobro de comisiones dentro de la operación Petrum
A operación deste mércores saldouse con nove detencións máis: oito empresarios e outro alto cargo da Generalitat

A Garda Civil acaba de entrar -pasadas as dez e media da mañá- nos concellos de Sant Fruitós do Bages e Olot para requirir documentación vinculado co "caso 3%", tal como detalla El Periódico. Esta macrooperación, contra o pago de comisións a cambio de adxudicacións públicas, xa ten nome: operación Petrum III. 

Ás oito da mañá a Garda Civil ha comezado a desenvolver esta macrooperación contra a denominada "trama do 3%", isto é o pago de comisións desta porcentaxe por parte de empresa a cambio de adxudicacións públicas. 

Polo de agora, tiveron lugar dez detencións, entre elas, a de Andreu Viloca, tesoureiro de Convergència Democrática de Cataluña (CDC), o partido do presidente da Generalitat en funcións, Artur Mas. 

Oito dos detidos son empresarios acusados de pagar comisións irregulares a Convergència a cambio de contratas de obras procedentes de administracións gobernadas por CDC.  Entre os os arrestrados tamén se atopa Josep Antoni Rosell i Polo, director xeral de Infraestruturas.cat, segundo informa El Periódico