Pastor e González encabezarán as listas do PP en Pontevedra e A Coruña
Ana Belén Vázquez liderárá a candidatura por Ourense e Jaime de Olano, por Lugo
Ana Pastor (Pontevedra), Marta González (A Coruña), Ana Belén Vázquez (Ourense) e Jaime de Olano (Lugo) serán as catro cabezas de lista polo PP ás eleccións xerais do 28 de abril.
Diso informou o Partido Popular este venres a través dun comunicado. Deste xeito, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, repetirá como cabeza de cartel por Pontevedra.
Pola súa banda, a vicesecretaria de comunicación do PP, Marta González, liderará a lista pola Coruña (en 2016 fíxoo Miguel Lorenzo).
En Ourense sobe ata o número un Ana Belén Vázquez (era o tres en 2016), que foi deputada por esta provincia nas últimas cinco lexislaturas. Tamén en Lugo hai cambios na cabeza de lista, xa que Jaime de Olano substitúe a Joaquín García Díez e sobe do número dous ao un.