Rivera anuncia un acordo co Goberno para apoiar os Orzamentos
26 de marzo de 2018 (13:09 h.)
O líder de Cidadáns celebra que o Executivo "ceda" ás súas esixencias
O presidente de Cidadáns, Albert Rivera, anunciou que chegou a un acordo co Goberno para apoiar os orzamentos de 2018, despois de que o Executivo "ceda" ás esixencias de Cs.
Anunciouno nunha rolda de prensa no Congreso tras detallar que se cumpriron as "condicións básicas" expostas polo seu partido: dar un xiro á política social de España, o complemento salarial para mozos e a marcha da senadora do PP, Pilar Barreiro.