As últimas 'tolemias ao volante' captadas polas cámaras da DXT
08 de febrero de 2018 (21:27 h.)
O vídeo difundido por Tráfico inclúe un camioneiro conducindo sen mans ou un adiantamento ao límite nunha curva
As últimas tolemias ao volante difundidas pola Dirección Xeral de Tráfico inclúen un camioneiro conducindo sen mans, un condutor traspasando unha lia nun cruzamento e obrigando a un coche a frear bruscamente ou un adiantamento ao límite nunha curva.
"Pon os pelos de punta", indica Tráfico nun tuit, no que manda unha advertencia: "Se te identificas con algunha destas condutas, corríxea antes de que sexa demasiado tarde".