Unha persoa trasladada ao CHUAC tras un incendio nun edificio da Coruña
11 de mayo de 2019 (14:38 h.)
O suceso alarmou aos veciños polo fume acumulado nas escaleiras
Un incendio nun edificio da rúa Juan Flórez da Coruña obrigou a trasladar a unha persoa ao complexo hospitalario universitario da cidade (o CHUAC).
O suceso alarmou aos veciños polo fume acumulado nas escaleiras, segundo informa o 112. Os bombeiros da Coruña confinaron ás persoas nas súas casas ata a extinción do lume.
De acordo coa información que manexa o servizo de urxencias da comunidade galega, o incendio iniciouse no ascensor.