O 30 de agosto, límite para as axudas á eficiencia enerxética, seguridade e accesibilidade
15 de agosto de 2019 (23:00 h.)
Con iso poden beneficiarse dos máis de 17 millóns que a Xunta dispón para estas liñas de actuación
Os interesados en executar actuacións que promovan a eficiencia enerxética, a seguridade e a accesibilidade das súas vivendas dispoñen de 15 días (ata o 30 de agosto) para presentar unha solicitude.
Con iso poden beneficiarse dos máis de 17 millóns que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dispón para estas dúas liñas de actuación.
Trátase dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, incluídos no plan estatal de vivenda 2018-2021.