Abel Caballero, bombo e autobombo
16 de febrero de 2020 (19:45 h.)
O alcalde de Vigo intepreta unha peza xunto ao cuarteto tradicional Illa Pancha na Feira do Butelo
Abel Caballero en estado puro. O alcalde de Vigo acudiu este domingo na Feira do Butelo da A Fonsagrada xunto ao seu sobriño e líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e pasouno en grande.
Ademais de gozar do prato estrela da montaña lucense, o rexedor olívico non dubidou en tocar o bombo xunto ao cuarteto tradicional Illa Pancha .
Xa sabiamos das súas habilidades coa guitarra, como cando felicitou o Nadal ao ritmo de El tamborilero, pero non era tan coñecida a súa destreza coa percusión.
Caballero, exultante, concluíu a peza cunha especie de aturuxo no que parece adiviñarse un "vivan os noivos!" no medio da xolda.