Abel Caballero, bombo e autobombo

O alcalde de Vigo intepreta unha peza xunto ao cuarteto tradicional Illa Pancha na Feira do Butelo

Abel Caballero en estado puro. O alcalde de Vigo acudiu este domingo na Feira do Butelo da A Fonsagrada xunto ao seu sobriño e líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e pasouno en grande.

Ademais de gozar do prato estrela da montaña lucense, o rexedor olívico non dubidou en tocar o bombo xunto ao cuarteto tradicional Illa Pancha. Xa sabiamos das súas habilidades coa guitarra, como cando felicitou o Nadal ao ritmo de El tamborilero, pero non era tan coñecida a súa destreza coa percusión.

Caballero, exultante, concluíu a peza cunha especie de aturuxo no que parece adiviñarse un "vivan os noivos!" no medio da xolda.

Comentarios