Absoltos os dous acusados de violar a unha amiga tras un botellón en Vilagarcía

O tribunal asegura que o relato da demandante é "xenérico e con poucos datos colaterais"

Exterior de la Audiencia de Pontevedra. AEP
photo_camera Exterior da Audiencia de Pontevedra. AEP

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu a dous acusados de agredir sexualmente a unha amiga en Vilagarcía de Arousa tras realizar un botellón na vivenda dun deles.

O tribunal indica na sentenza que a denunciante mantivo relacións sexuais cun dos dous imputados e que "non consta que fosen forzadas ou sen o seu consentimento". As xuízas tamén sinalan que "non consta acreditado" que o outro sospeitoso actuase de acordo co primeiro nin que suxeitase á vítima dun brazo ou aproximase os seus xenitais á súa boca.

Sobre o relato que fixo a demandante dos feitos, ocorridos en maio de 2013, a Audiencia asegura que é "xenérico, difuso, con poucos datos colaterais", á vez que destaca que se aprecian "lagoas sobre detalles relevantes". As xuízas afirman que tampouco quedou acreditado que a denunciante "estivese afectada o consumo de alcol ou fármaco algún".