Un accidente entre tres motos deixa a dúas persoas feridas en Lobios

Oficinas del 112 en Santiago
Debido á gravidade das lesións, unha delas foi evacuada polo persoal sanitario na aeronave con base en Ourense

Dúas persoas foron evacuadas, unha delas en helicóptero medicalizado, logo de sufrir un accidente mentres pilotaban as súas motocicletas ao paso pola OU-540, á altura do punto quilométrico 67, en Lobios (Ourense).

Segundo puido saber o 112 Galicia, o piloto do outro vehículo resultou ileso.

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias tivo constancia dos feitos ás 12.45 horas, ao recibir a chamada de varios particulares, que solicitaban axuda para dous motoristas feridos.

Debido á gravidade das lesións, un deles foi evacuado polo persoal sanitario na aeronave con base en Ourense, e o outro puido ser trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE tamén solicitaron a colaboración do GES de Lobios, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.