Un accidente múltiple provoca retencións na A-55 en Tui
18 de noviembre de 2019 (00:16 h.)
Unha decena de vehículos víronse implicados nun accidente rexistrado a última hora deste domingo na A-55 en Tui, un sinistro que, segundo o 112, provocou retencións. O accidente ocorreu á altura do punto quilométrico 29.
Mobilizáronse aos Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e persoal sanitario.