Un aparatoso accidente sucedido preto das oito e media da tarde deste xoves na estrada Nacional 540 ao seu paso por Chantada, consistente nun choque frontal entre dous turismos, un Suzuki Vitara e un Pegeout 207, saldouse co falecemento do condutor do primeiro vehículo, un home de 66 anos, veciño de Portomarín, cuxo nome correspóndese coas iniciais D.A.P.R.
O outro implicado no sinistro foi unha muller, quen, segundo testemuñas do accidente, saíu polo seu propio pé do coche. Sinalaron que é unha veciña da comarca que se chama Mila, irmá de Alba do Abrente, e que, aparentemente e a pesar da aparatosidade do accidente, atopábase ben.