Atopado o corpo sen vida dunha muller flotando na auga en Redondela

Unha muller duns 60 anos foi atopada morta na tarde deste venres na zona do paseo da Portela, en Redondela, na desembocadura do río Alvedosa. Atendendo á información da TVG, a Policía está a investigar o sucedido, aínda que o corpo, que estaba flotando na auga, non presentaba sinais de violencia.

Un particular alertou ao 112, tras o que se mobilizaron os servizos de urxencias e intentouse reanimar a muller sen éxito. Ao parece, uns veciños vírana pasear na zona e os primeiros indicios apuntan a un afogamento.