Incautados 66 quilos de speed nunha operación dirixida en Ourense con 17 investigados

A droga estaba nunha vivenda en Bizkaia ► Nun vehículo que se dirixía a Ourense localizáronse 7 quilos de heroína

Unha operación dirixida polo xulgado de instrución número 1 de Ourense derivou na incautación de 66 quilos de speed e 7 de heroína, nun caso con 17 persoas investigadas. Atendendo á información facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), hai oito detidos como supostos autores dun delito de tráfico de drogas e outro pola pertenza a unha banda criminal, que están xa en prisión provisional comunicada e sen fianza

Os investigados repártense entre Ourense e outros puntos de España. O speed atopouse no domicilio dun dos investigados, situado na provincia de Bizkaia, mentres que a heroína estaba nun coche que se dirixía a Ourense.