Achan o cadáver dun home flotando no río Ulla ao seu paso por Padrón

Os servizos de urxencia, no lugar onde foi achado o cadáver. TVG
O falecido tiña posto un casco de bicicleta

O corpo sen vida dun home de ao redor duns 50 anos apareceu flotando este sábado no río Ulla, ao seu paso polo concello coruñés de Padrón, informa o 112 Galicia.

Desde o servizo de Urxencias deuse aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil da localidade.

Segundo informa El Correo Galego, o home apareceu cun casco de bicicleta posto na súa cabeza e as primeiras hipóteses apuntan a un accidente.

Polo momento descoñécese a causa do falecemento, aínda que non se apreciaron signos de violencia no corpo.