Achan en Vigo o cadáver dun sesaxenario aboiando no mar
06 de julio de 2020 (12:09 h.)
O cadáver dun home sesaxenario foi achado a pasada madrugada flotando no mar nas proximidades da avenida de Beiramar, en Vigo, informaron fontes do 112 Galicia.
O corpo foi rescatado a terra e as forzas de seguridade investigan as causas do suceso, apuntan as fontes. Foron mobilizados Policía Nacional e Local, Salvamento Marítimo e o servizo de Gardacostas de Galicia.
Tamén se lle pasou o aviso aos voluntarios de Protección Civil de Vigo.