jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Achan morto un veciño de Ortigueira xunto a unha segadora

Crese que puido sufrir un contratempo coa máquina

Un veciño de Ortigueira, de iniciais J.V.P. e coñecido como José de Salvador, foi atopado sen vida xunto a unha máquina segadora coa que traballaba. Todo apunta a que o falecido, que vivía só nunha vivenda na parroquia de Loiba, saíu a traballar co aparello agrario a unha leira próxima o domingo pola tarde, aínda que non foi ata este luns cando varios achegados o botaron en falta e iniciouse a súa procura. Crese que puido sufrir un contratempo coa máquina.

Achan morto un veciño de Ortigueira xunto a unha segadora
comentarios