Achan nunha praia de Camariñas o cadáver do mozo desaparecido hai un mes

Jefferson Stalin Rueda Guamán, de 25 anos, practicaba pesca deportiva cando se lle perdeu a pista

Buscan a un pescador desaparecido en Camariñas.TVG
photo_camera Dispositivo de procura do mozo.TVG

Un corpo sen vida era localizado este xoves pola mañá nas inmediacións da praia do Pindo de Portocelo, en Camariñas. Vecinos da zona avisaron do achado do cadáver cerca do Miradoiro do Castelo, próximo ao centro urbano da vila.

Segundo apunta a Radio Galega, trátase de Jefferson Stalin Rueda Guamán, un mozo de 25 anos ao que se lle perdeu a pista cando practicaba pesca deportiva hai un mes.