Extinguido o incendio de Noceda, en Folgoso do Courel, tras afectar a 30 hectáreas

O lume declarouse este domingo pouco antes das 14.30 horas

Incendio en la parroquia de Noceda. @Incendiosgalic1
photo_camera Incendio na parroquia de Noceda. @Incendiosgalic1

O lume que afectou a unhas 30 hectáreas en Folgoso do Courel foi extinguido a última hora da tarde do domingo. 

Pouco antes de 14.30 horas deste domingo declarábase un incendio forestal nunha parte do monte a parroquia de Noceda, no concello de Folgoso do Courel

O lume afectou a preto de 30 hectáreas e na súa extinción traballaron un axente ambiental, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero

A Consellería do Medio Rural recordou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso detectar algún lume forestal. 

É o cuarto incendio que se produce nesa zona en sete días.

FISTERRA. Un incendio rexistrado este domingo nunha zona forestal do municipio coruñés de Fisterra foi extinguido tras queimar unhas 26 hectáreas de monte raso, anunciou este domingo a Xunta.