O actor galego Pepo Suevos, positivo en coronavirus
17 de marzo de 2020 (14:44 h.)
O actor galego Pepo Suevos revelou que deu positivo en coronavirus e que iniciou unha corentena voluntaria para evitar os contaxios.
Nun vídeo publicado no seu perfil da rede social Twitter, o actor explica que fixo a proba porque estivo en Madrid e que o resultado foi positivo.
O cómico detalla que tivo tose e febre recentemente pero que xa se atopa "ben". "Estou illado en total corentena como mandan as autoridades", explica o actor.
Pepo Suevos, ademais, asegura que quere facer público o seu estado para que todas aquelas persoas que tiveron contacto con el extremen as precaucións, especialmente aqueles con achegados que pertenzan aos grupos de risco.