Un adolescente, ferido de consideración tras ser atropelado por un camión en Redondela
14 de enero de 2020 (20:58 h.)
A vítima cruzaba por un paso de peóns, cerca do conservatorio
Un adolescente resultou ferido de consideración na tarde deste martes ao ser atropelado por un camión nun paso de peóns en Redondela, á altura do edificio do conservatorio.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foron varios os particulares que avisaron do accidente, que tivo lugar sobre as 18.50 horas deste martes.
Tras recibir a alerta, os xestores de urxencias informaron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que debido á gravidade do suceso mobilizaron unha ambulancia medicalizada ao lugar.
Ademais, deron conta dos sucedido aos axentes de Tráfico, da Policía Nacional e Local, que se desprazaron ao momento.