Alertan da desparición dun veciño de Ferrol
22 de agosto de 2019 (00:03 h.)
SOS Desaparecidos alertou da desaparición dun veciño de Ferrol, solicitando a través das redes sociais axuda para a súa localización.
Trátase de José Enrique García Grandal, desaparecido este mércores no municipio de Ferrol, polo que se solicitou a colaboración cidadá.
De acordo coa información facilitada, ten 46 anos, mide 1,70; é delgado, con pelo moreno e ollos achinados e de cor castaña. Ten tamén unha cicatriz na man esquerda.