Almuiña, sobre a manifestación do domingo pola sanidade: "Parten de datos falsos"

"Creo que no se ha dado una información adecuada", aseguró el conselleiro de Sanidade

Almuiña dona sangre. XOÁN REY
photo_camera Almuiña dona sangre. XOÁN REY

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou este martes que a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para o mediodía deste domingo en Santiago de Compostela "parte de datos que son falsos".  "Creo que non se deu unha información adecuada", destacou a preguntas dos medios Almuiña antes de doar sangue nunha unidade móbil fronte á sede do Sergas en Santiago. 


Preguntado sobre se ten previsto reunirse con colectivos que reivindican melloras no sistema sanitario en Galicia, o titular de Sanidade lembrou que "dentro da Consellería" teñen "reunións frecuentes con todos os colectivos en diferentes niveis e buscando e buscando a mellora do sistema público galego para dar o servizo que o cidadán pide". "Para nós é moi importante que os nosos traballadores o estean facendo de forma adecuada", sostivo. 


Neste sentido, explicou que a Administración sanitaria segue "tratando" coa "reforma da lei galega" de saúde de "mellorar os servizos sanitarios". "Todos os equipos están nesa tarefa e nós ímolo seguir facendo", aseverou. 

Así, recalcou que "se vai a ver en moi pouco tempo, como xa se fixo coa creación das EOXIs" que a lei "vai consolidar ese modelo de levar os servizos sanitarios ás áreas próximas aos cidadáns", apostilou. 

EVITAR DESPRAZAMENTOS. Vázquez Almuiña comentou que se poden "actuar e dar servizo no centro de saúde" farano aí, senón "nos hospitais comarcais". 


"E servizos novos como ultimamente puxéronse en todos os comarcais, pois seguimos tratando de consolidar ese modelo que facilite e evite desprazamentos, que neste momento xa é unha realidade", incidiu. 


"Co traballo do día a día demostraremos que imos seguir incrementando os mesmos", concluíu o titular da Consellería de Sanidade. 

Comentarios