Unha ambulancia cae a un río en Touro con cinco persoas no seu interior
Unha ambulancia sufriu este martes un accidente de tráfico ao caerse a un río no municipio coruñés de Touro con cinco persoas no seu interior, informa Urxencias Sanitarias e Urxencias 112.
O accidente, por causas que se investigan, ocorreu sobre as sete desta mañá á altura de Bendaña.
As cinco persoas, de entre 54 e 77 anos, estaban accesibles tras o sinistro aínda que precisaron asistencia médica.
O 061 enviou dúas ambulancias asistenciais ao lugar do accidente, onde atenderon a dous homes de 77 e 74 anos, con iniciais J.M.B. e G.B.P., e a dúas mulleres de 75 e 60 anos, I.C.R. e M.C.S, que foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago.
Así mesmo, asistiron a un home de 54 anos, J.L.R., que foi derivado Clínica Souto Boo.
Pola súa banda, o 112 alertou do sucedido ademais aos Bombeiros do Deza e de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e de Touro.